HTC fabricará varios smartphones de ouro no Reino Unido

martes, 8 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O lanzamento dun iPhone 5S de cor ouro provocou moitas broma e veuse como un deseño ridículo por parte de bastante xente (aínda que o móbil non tivese realmente aparencia de ser de ouro) pero dende HTC no Reino Unido quixeron chegar máis aló, e anuncian o Gold HTC One, unha edición limitadísima do seu smartphone estrela, que fabrican para conmemorar o 18º aniversario dos Premios MOBO que se entregarán o vindeiro día 19.
HTC só fabricará 5 destes móbil de ouro, valorados en 2.750 libras esterlinas (3.259 euros), polo que sería o smartphone máis caro e exclusivo creado nunca pola compañía taiwanesa. O terminal conservará o seu deseño unibody, pero destacará porque as súas partes frontais e traseiras estarán bañadas en ouro de 18 quilates, amosando tamén o logotipo de MOBO gravado con láser, conseguindo así que os premios musicais británicos consigan un recoñecemento moi especial.

PUBLICIDADE