HTC lanza un novo smartphone da liña Desire
xoves, 14 de novembro do 2019
Nos últimos anos HTC perdeu toda a relevancia entre os
smartphones de gama alta, pero a súa gama económica baixo a marca Desire parece
querer ter algo de presenza no mercado, e asà presentan o novo HTC Desire 19s,
smartphone que sairá á venda en Taiwán a un prezo de 5.990 dólares taiwaneses (uns
178 euros), aÃnda que cunhas prestacións propias de móbiles bastante máis
económicos.
O HTC Desire 19s funciona cun procesador MediaTek Helio P22, 3 GB de RAM, 32 GB
de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), pantalla de 6,2 polgadas
con resolución de 1.520 x 720 pÃxeles, cámara traseira tripla (de 13, 5 e 5
MpÃxeles con gravación de vÃdeo Full HD), cámara frontal de 16 MpÃxeles, Wi-Fi
AC, Bluetooth 5, NFC, toma para auriculares e baterÃa de 3.850 mAh, que chega
con Android 9 Pie e HTC Sense, prestacións coas que competirÃa con móbiles como
o Redmi 7A que na China véndese por 599 iuans (78 euros), o que fai que non
poida auspiciarse moita sorte comercial ao novo Desire.
VÃdeo promocional do HTC Desire 19s