HTC presenta o seu novo smartphone de gama media

xoves, 30 de agosto do 2012 Marcus Fernández

A taiwanesa HTC desvelou de cara á feira IFA de Berlín o seu novo terminal móbil, o HTC Desire X, que busca ser un móbil asumible que permite á xente estar conectada, tirar boas fotografías (soporta dende HDR ata disparo continuo) e escoitar música con calidade (grazas á tecnoloxía Beats Audio) sen realizar un investimento moi elevado.
Este móbil con Android 4.0.4 chegará ao mercado en setembro, e conta cun procesador Qualcomm Snapdragon S4 de dobre núcleo a 1 GHz, 768 Mb de RAM, pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD e apoiado en 25 Gb de almacenamento en Dropbox de balde durante 2 anos), cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático e flash LED (con 5 niveis de potencia adaptable á distancia do suxeito a fotografar), Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, micro USB, radio FM, batería de 1.650 mAh, un grosor de 9,3 milímetros e un peso de 114 gramos.

PUBLICIDADE