Hi-Sun, a toalla con altofalantes convertible en mochila
luns, 28 de xuño do 2010
Coa chegada do verán moitos son
os que collen a súa toalla e largan correndo para a praia a tomar o sol, e para
amenizar as horas que pasan a torrar
a súa pel, é habitual escoitar a radio ou música, de aí que deseñasen Hi-Sun, unha toalla de
algodón de 180 x 80 centímetros que pode converterse en mochila e que ten un
departamento para unha almofada inchable que inclúe no seu interior un
altofalante de 2 W cun conector de auriculares estándar (polo que funcionaría con
multitude de reprodutores multimedia e móbiles) e unha batería recargable a
través de USB.
Esta orixinal toalla convertible e multimedia está dispoñible en 4 cores
(vermello, negro, azul e rosa) e o
seu prezo oficial é de 59 euros, citando o seu fabricante como unha das
tendas nas que está dispoñible para a súa venda o establecemento
de La Base en Arteixo.
- A Hi-Sun pode converterse en mochila, facilitando o seu transporte