HiCan: a cama máis audiovisual

martes, 4 de agosto do 2009 Marcus Fernández

A xente que guste de ver a televisión na cama, ou mesmo gozar de videoxogos sen erguerse, pode alucinar ao ver unha solución tecnolóxica realmente sorprendente, pois a cama HiCan non só permite descansar confortablemente, senón que tamén integra un equipo de son, luces para ler, un ordenador persoal e un equipo de proxección para a consola de videoxogos, de xeito que presenta aos pés da cama unha pantalla de 32 polgadas, todo iso nun único modulo cun deseño moi moderno.
Teriamos así un dispositivo que tanto serve para navegar pola Internet, botar unha partida aos nosos xogos favoritos ou gozar dunha película, aínda que non coñecemos o prezo ao que se venderá este produto de luxo.


Presentación da impresionante cama HiCan

PUBLICIDADE