Hitachi lanza o primeiro disco de 3,5 polgadas a 7.200 rpm cunha capacidade de 2 Tb

xoves, 6 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Western Digital lanzou hai pouco un disco duro de 3,5 polgadas cunha capacidade de 2 Tb, pero o 2TB Deskstar 7K2000 de Hitachi vén de superalo ao igualar a súa capacidade pero funcionar a 7.200 rpm, o que permite un rendemento maior. Este disco duro conta cunha caché de 32 Mb e unha interface SATA de 3 Gb/s, resultando idea para equipos de sobremesa aínda que polo momento descoñécese o prezo de mercado que terá.
Hitachi tamén anunciou que os discos Desktar 7K1000.C están agora dispoñibles en capacidades de entre 160 Gb e 1 Tb, destacando sobre os seus predecesores polo seu reducido consumo (duns 4,4 vatios en funcionamento).

PUBLICIDADE