Hobbycon abre as súas portas na Coruña
xoves, 26 de xullo do 2018
Esta mañá abriu as portas o salón multidisciplinar Hobbycon, que até o domingo encherá o PALEXCO
da Coruña de actividades de lecer alternativo, que van dende os xogos de mesa,
a banda deseñada, o cosplay e o k-pop, até os videoxogos, xogando cada ano un
rol máis destacado este último ámbito, que non limita a súa presenza a torneos
e postos de xogo libre, senón que tamén conta con presenza do sector do
desenvolvemento, representado este ano especialmente polo colectivo MOLAB.
Aparte de obradoiros, relatorios, tendas e zonas de xogo, tamén teñen lugar
torneos, comezando esta mesma tarde, ás 16:00 horas, cun torneo de ARMS para Nintendo Switch, ao que
seguirá un torneo de BlazBlue: Central
Fiction para PS4 ás 17:00 horas e un torneo de Naruto Shippūden: Ultimate Ninja Storm 4 para PlayStation 4 ás
18:00 horas.
Na xornada do venres os torneos que a celebrar serán os de Rocket League para
PC (en grupos de 2 contra 2) ás 13:00 horas, de Hearthstone ás 14:00
horas, de Mario Kart 8 para Wii U ás 17:00 horas e de Dragon
Ball FighterZ ás 18:00 horas, non sendo as únicas actividades ao redor do
mundo dos videoxogos tal dÃa, xa que ás 18:00 horas tamén terá lugar un
relatorio de introdución ao desenvolvemento de videoxogos.
O sábado 28 terán lugar os torneos de League of Legends (5 contra 5)
ás 13:00 horas, de Super Smash Bros para Wii U (individual) ás 16:00
horas, de FIFA 18 para PlayStation 4 ás 17:00 e de Clash Royale ás
18:00 horas.
Para despedir o evento, o domingo 29 celebraranse os torneos de Counter
Strike: Global Offensive ás 13:00 horas, de Tekken 7 ás 16:00
horas, de Super Smash Bros. para Wii U (por parellas) ás 17:00 horas
e de Street Fighter V ás 18:00 horas.
- Os xogos de loita son imprescindibles nos torneos deste tipo de eventos
- As consolas clásicas tamén teñen o seu espazo na Hobbycon
- Entre as actividades desenvolvidas até o domingo non faltan os xogos de baile