Huawei amosa os seus smartphones de grande pantalla no CES
luns, 7 de xaneiro do 2013
AÃnda
que xa tiñamos informacións sobre o monstruoso móbil que prepara
Huawei cunha pantalla de 6,1 polgadas, hoxe oficializouse
Ascend Mate co gallo do CES de Las Vegas e baixo a etiqueta do smartphone
máis grande do mundo, detallándose que este terminal terá unha pantalla IPS+LCD
de 6,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, procesador Hi-Silicon
de catro núcleos a 1,5 GHz, baterÃa de 4.050 mAh con tecnoloxÃa QPC e ADRX para
mellorar a súa autonomÃa, cámara traseira de 8 MpÃxeles con enfoque automático
e HDR e cámara traseira de 1 MpÃxeles, dobre micrófono para a redución de ruÃdo
e sistema operativo Android 4.1 que chegará ao mercado chinés o mes que vén.
Pero este tabletófono de Huawei
parece que non vai ser o móbil insignia da compañÃa, senón que o novo
Huawei Ascend D2 poderÃa resultar máis atractivo para o mercado actual, por
estarmos ante un smartphone con pantalla IPS+ de 5 polgadas cunha definición de
1.920 x 1.080 pÃxeles (que xa alcuma como Super
Retina), procesador K3V2 de 4 núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, cámara
traseira de 13 MpÃxeles, baterÃa de 3.000 mAh con tecnoloxÃa QPC e ADRX para un
menor consumo e sistema operativo Android 4.1 que chegará ao mercado chinés
este mesmo mes, saltando despois ao Xapón e confirmando que a algúns mercados
tamén chegará cunha pantalla de 4,7 polgadas. Cómpre destacar que este último smartphone soporta rabuñaduras na súa pantalla grazas á tecnoloxÃa de Corning Gorilla Glass e é resistente á auga e ao po (IPX 5/4), polo que resulta duro dabondo para a nosa actividade diaria.
VÃdeo promocional do Huawei Ascend D2