Huawei amosa o seu novo smartphone de alta gama cun grosor de só 6,18 milÃmetros
martes, 18 de xuño do 2013
Os fabricantes chineses queren xogar un maior papel no
sector da telefonÃa móbil, e xa non se limitan a ofrecer terminais económicos
de baixa gama, senón que tamén apuntan á alta gama, poñéndollo cada vez máis
difÃcil a outros fabricantes consolidados como Samsung, HTC, LG ou Sony, como
vén de demostrar Huawei co novo
smartphone que presentou hoxe en Londres, o Huawei Ascend P6, que con só
6,18 milÃmetros de grosor presume de ser o smartphone con Android máis delgado
do mundo, caracterÃstica coa que non se conforma, polo que vén equipado tamén cun
procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, carcasa de aluminio, pantalla de alta
definición de 4,7 polgadas (con Magic
Touch que permite que poidamos empregala coas luvas postas), baterÃa de
2.000 mAh e sistema operativo Android 4.2.2.
Este novo móbil de só 120 gramos de peso quere ser o buque insignia da familia
Ascend P, chegando cunha cámara traseira de 8 MpÃxeles con gravación de vÃdeo
Full HD e cámara frontal de 5 MpÃxeles (ideal para autofotografÃas e
videoconferencias). Porase á venda en China este mesmo mes, mentres que en
Europa deberemos agardar ao mes que vén para velo á venda a través de compañÃas
como Vodafone, Telefónica, Amazon, Media Markt e The Phone House.
VÃdeo de presentación do novo Huawei Ascend P6