Huawei lanza un novo smartphone económico: o Honor 5

luns, 1 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Non só Meizu e Xiaomi andan na guerra por ofrecer smartphones de baixo prezo con prestacións bastante elevadas, e agora entrar na guerra pola baixa gama Huawei co seu Honor 5, un terminal con pantalla IPS de 5 polgadas (cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles), 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB) que conta con dobre SIM e incluso permite aproveitar as redes 4G para as chamadas de voz a máis calidade (VoLTE) pese a venderse por só 599 iuans (81 euros).
Este terminal que sae á venda mañá mesmo ten cámaras de 8 e 2 Mpíxeles con flash LED dual na cámara traseira e flash simple na frontal, procesador MediaTek de catro núcleos, sistema operativo EMUI 3.1 (baseado en Android 5.1), Bluetooth 4.1, Wi-Fi N, batería de 2.200 mAh, 8,9 milímetros de grosor, 138 gramos de peso e carcasa en cor branca, negra ou dourada.
Como curiosidade, conta cunha tecla física nun lateral para empregar como atallo (por exemplo, cun toque prolongado pode lanzar aplicación, cun dobre toque acende o flash a xeito de lanterna e cun toque normal abre a aplicación de cámara).

JPEG - 30.9 KB
O Honor 5 ten un botón lateral que serve de atallo para varias funcións

PUBLICIDADE