Huawei presume de móbil encartable 5G
domingo, 24 de febreiro do 2019
A
presentación do Samsung Galaxy Fold converteuse en todo un fito tecnolóxico
que leva a que outros fabricantes queiran subir ao carro das pantallas
flexibles para amosar músculo ante o mercado, de aà que Huawei quixese chegar ao
Mobile World Congress de Barcelona presentando o Huawei Mate X, un smartphone
5G con pantalla flexible que incluso ousa ter un prezo superior aos 1.980
dólares do dispositivo de Samsung, prevéndose que saia á venda a mediados de 2019
a 2.299 euros.
Durante a presentación en Barcelona dende Huawei amosaron
a grande velocidade que conseguÃa o Mate X cunha rede 5G montada por Vodafone
España, pero o que chama máis a atención é que este dispositivo teña unha
pantalla OLED de 8 polgadas cunha resolución de 2.480 x 2.200 pÃxeles que pode
empregarse a xeito de tableta pero que, ao dobrar o dispositivo, quedarÃa como
unha cámara frontal de 6,6 polgadas cunha resolución de 2.480 x 1.148 pÃxeles e
unha pantalla traseira de 6,38 polgadas cunha resolución de 2.480 x 892
pÃxeles, que aÃnda que teñen unhas relacións de aspecto moi pouco habituais,
facilitan o uso do dispositivo coma se dun smartphone tradicional se tratase. Este
curioso smartphone funciona con dobre SIM, das que unha poderá operar en 5G,
mentres que a outra só operarÃa até en 4G.
O Huawei Mate X non esquece o apartado fotográfico, e integra unha cámara certificada
por Leica que grazas ao sistema de dobre pantalla pode servir tanto de cámara
frontal como de traseira. O botón de acendido do móbil está situado nun
lateral, e integra un lector de pegadas dixitais, conseguindo asà que a posta
en marcha do terminal sexa rápida e segura. E para completar este dispositivo
temos que a súa baterÃa de 4.500 mAh conta cun sistema de carga rápida de 55
watts que permite completar o 85% da súa carga en só 30 minutos.
Cómpre salientar que este concepto de teléfono é moi diferente ao Samsung
Galaxy Fold, xa que está baseado nunha única pantalla que ao dobrar o dispositivo
convértese en dúas pantallas externas de grande tamaño (unha traseira e outra
frontal), contraste que facilitará comparar estes produtos cando cheguen ao
mercado, para ver asà a proposta que mellor reciben os usuarios finais, asÃ
como se o feito de situar a pantalla flexible na parte exterior do dispositivo
é unha configuración demasiado agresiva, que force a levar o dispositivo con
proxectores adicionais para evitar o seu rápido deterioro. Tamén hai moitas dúbidas sobre o comportamento que terá o software no dispositivo de Huawei (mentres que o de Samsung contou coa colaboración de Google, o que é unha garantÃa).
VÃdeo do evento de Huawei no que amosaron o seu teléfono flexible