Huawei quere dominar o mercado dos tabletófonos económicos co seu Honor 4X

luns, 20 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Agora que o iPhone 6 Plus está a popularizar as pantallas de 5,5 polgadas, é posible que resulte especialmente rechamante o novo dispositivo de Huawei, o smartphone Honor 4X, que atrévese a chegar ao mercado cunha pantalla de tales dimensións, aínda que limitando a súa resolución a 1.280 x 720 píxeles, acompañada cunhas prestacións máis que aceptables (procesador Qualcomm Snapdragon 410 de 64 bits e catro núcleos a 1,2 GHz, 2 Gb de RAM, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles e LTE) por un prezo de só 800 iuans (102 euros), demostrando que nin as grandes pantallas, nin a conectividade 4G, nin os procesador de 64 bits, con exclusiva dos terminais de alta gama.
O Huawei Honor 4X tamén contén o seu grosor en 8,85 milímetros e o seu peso en 166 gramos, funciona con Android 4.4.3 e integra 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de até 32 Gb, que se ben non foi aínda anunciado oficialmente, ten moitas bazas para converterse un auténtico supervendas, atrevéndose a competir co popular Xiaomi Redmi Note (que ten un prezo de 999 iuans).

PUBLICIDADE