Huawei tamén aposta por Android
luns, 14 de setembro do 2009
Aínda que coñecido
principalmente polos seus modems 3G por USB, Huawei tamén fabrica terminais de
telefonía móbil coma o T-Mobile Pulse, que funciona co sistema operativo
Android e que finalmente veremos nos países non que T-Mobile non teña presenza
coma Huawei
U8230.
Este terminal chegará no último trimestre do ano a case toda Europa (a
Península Ibérica terá prioridade neste lanzamento), e funciona cun procesador
Qualcomm 7200A a 528 MHz, inclúe a versión 1.5 de Android, soporta
conectividade GSM/UMTS/HSDPA/USUPA (ata 7,2 Mbps de baixada e 2 Mbps de subida),
Bluetooth 2.0, Wi-Fi e GPS. Integra unha pantalla táctil de 3,5 polgadas cunha
resolución de 480 x 320 píxeles e cámara de 3,2 Mpíxeles.