Hue Go, a luz conectada de Philips lÃbrase dos fÃos
martes, 7 de abril do 2015
Dende
hai varios anos Philips centrou boa parte do seu negocio en solucións
conectadas de iluminación, destacando especialmente a súa gama de produtos Hue,
que permiten un control moi versátil dos produtos pertencentes a esta familia,
que na súa meirande parte consisten en luces conectadas en rede das que pode regularse
a súa intensidade e cor de distintos xeitos (que van dende a súa programación
até o seu control dende o smartphone).
Para os que xa teñan o seu fogar cun sistema Philips Hue montado (aparte de ter
luces deste tipo tamén é preciso contar cun bridge
que as dote de conectividade) pretenden vender nun par de meses un novo
produto: o Hue
Go.
Trátase dunha curiosa lámpada portátil con forma de cunca, que integra
unha baterÃa recargable, e que pode colocarse en distintos currunchos do fogar
para crear unha ambientación moi personalizable, xa que pode definirse a súa
cor dentro dun grande abano de tonalidades, asà como o seu brillo (até un
máximo de 300 lumenes), aÃnda que o máis destacable deste tipo de luz é que é
omnidireccional, ou sexa, que pode colocarse tanto en esquinas coma en mesas
(ou case calquera outro lugar á nosa elección) o que dá unha versatilidade moi
superior á regulación das lámpadas fixas que teñamos no fogar.
Como no resto de produtos da familia Hue, tamén é posible programar este tipo
de lámpada para que fagan de espertador polas mañás mediante o seu acendido
gradual, que resulta máis agradable que o son dun espertador tradicional. Este
produto chegará ás tendas norteamericanas a un prezo de 99,95 dólares, polo que
é de esperar que a España chegue por un prezo que poderÃa ser superior dos 110
euros.
VÃdeo promocional da nova lámpada Philips Hue Go