IOGEAR facilita compartir periféricos USB a través da rede local

martes, 20 de maio do 2008 Marcus Fernández

IOGEAR lanza un novo dispositivo para compartir dispositivos USB a través de redes Ethernet. O USB Net ShareStation conta cun porto USB no que podemos pinchar un disco duro externo, unha memoria USB, un lector de tarxetas de memoria, unha webcam, un altofalante ou unha impresora multifunción para compartilos na nosa rede local, e mesmo se pode combinar cun concentrador USB, de xeito que permitiría compartir ata 4 dispositivos USB á vez.
Esta solución tamén se pode aplicar a routers Wi-Fi, de xeito que podemos acceder aos nosos dispositivos mediante conexións sen fíos, facendo máis cómodas funcións como a impresión, que se libran así da conexión directa a un ordenador.
O seu prezo estimado é de 80 dólares.

PUBLICIDADE