IOGEAR lanza un bolígrafo dixital económico

mércores, 22 de agosto do 2007 Marcus Fernández

IOGEAR quere achegar a calquera PC as posibilidades de moitos Tablet mediante o seu bolígrafo GPEN100C que converte os debuxos e notas que tomemos en calquera superficie (non precisa dun papel especial coma outras solucións semellantes) en texto dixital recibíndose o sinal no PC mediante un dispositivo conectado por USB.
O GPEN100C inclúe unha aplicación que permite deixar notas no noso escritorio (a xeito de Post-It), utilizar o bolígrafo coma se fose un rato de 2 botóns e editar as novas anotacións podendo incluso cambiar a cor e o grosor dos nosos trazos.
O bolígrafo dixital xa se atopa á venda nos EE.UU. por 73,99 dólares (uns 54,85 euros).

PUBLICIDADE