Identificadores para os cables do noso ordenador

mércores, 27 de maio do 2009 Marcus Fernández

Botar a mirada á parte traseira dun ordenador de sobremesa normalmente ver unha colección inmensa de cables, e ter que desconectar un enchufe supón todo un risco por resultar difícil saber que deixaremos sen enerxía un aparello en uso, e para solucionar este problemas venden agora a través da Internet os identificadores de cables Dotz, que véndense de 10 en 10 por 9,99 dólares (6,45 euros), e son uns discos de cores distintas aos que podemos incrustar unhas iconas para marcar se un cable (ao que conectamos o disco cunha especie de clip) corresponde a un televisor, unha cámara de vídeo, un reprodutor de DVD, unha consola de videoxogos, un reprodutor de MP3, un altofalante, un joystick… ata un total de 24 iconas, aínda que incluíndo tamén 12 etiquetas personalizables.
Está claro que o etiquetado de discos é algo que podemos facer de moitos xeitos económicos e prácticos, pero esta solución resulta bastante orixinal e efectiva, pois a combinación de iconas e cores facilita moito a identificación do noso cableado informático.

JPEG - 42.1 KB
Desconectar un enchufe deixará de ser arriscado grazas aos identificadores de cables Dotz

PUBLICIDADE