Ikea comezará a vender os seus mobles-televisor en España o vindeiro luns

venres, 8 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

O ano pasado Ikea presentou a súa solución de moble con televisor chamada UPPLEVA, que pretendía eliminar os cables do noso salón cunha solución integral, e pese ás críticas que o sitúan como unha familia de malos televisores (especialmente nas súas posibilidades de Smart TV) non cesaron o seu espallamento internacional, e o vindeiro luns poranse á venda en España en múltiples configuracións que permiten combinar distintos formatos de mobles con televisores de 24, 32, 40 e 46 polgadas, e para facernos unha idea do seu rango de prezos, o UPPLEVA-BESTÄ composto por unha mesa cun televisor de 32 polgadas venderase a 947 euros, mentres que cun televisor de 40 polgadas, mentres que a versión máis completa cun televisor de 46 polgadas venderase a 1.979 euros.

JPEG - 51.1 KB
A música, a televisión e as películas en Blu-ray (ou cargadas a través de USB) contrólanse a través dun único mando a distancia

Estas solucións completas están formadas por moble, televisor LED de alta definición (Smart TV), altofalantes e reprodutor de CD/DVD/Blu-ray, todo integrado cunha estética uniforme e empregando un único mando a distancia, o que pode supor o adeus aos enredos de cables pero pagando un prezo desproporcionado por un televisor chinés cun panel de calidade mellorable e un son igual de discutible, que só podería recomendarse para os que sitúen a estética por diante da calidade.

JPEG - 439.3 KB
O modelo máis completo do televisor de Ikea de 46 polgadas eleva o seu prezo ata os 1.979 euros



Vídeo de presentación do Ikea UPPLEVA

PUBLICIDADE