Ikea venderá altofalantes Wi-Fi con forma de cadro
martes, 15 de xuño do 2021
Da colaboración
entre IKEA e Sonos incorpórase á familia Symfonisk un novo
altofalante Wi-Fi con forma de marco fotográfico ou cadro para pendurar na
parede, de xeito que podemos combinar
pezas de arte con son que inunde a habitación dun xeito elegante.
Este altofalante con forma de marco é un xeito de dotar de son sen fíos unha estancia
sen ocupar espazo e dotándoa dunha estética coidada. O altofalante funciona coa
tecnoloxía de Sonos, de xeito que poden conectarse a todo un ecosistema de
altofalantes controlable dende equipos informáticos e dispositivos móbiles sen
maiores complicacións.
Este novo dispositivo sairá á venda en Europa o 15 de xullo, prevéndose que o
seu prezo sexa de 199 euros por marco-altofalante, ao que podemos colocarlle
diferentes fundas con deseños artísticos que venderanse a 16 euros cada unha (facilitando
así o cambio do cadro se aburrimos
dun deseño en concreto).
- Os deseños que locen os altofalantes poden mudarse con fundas intercambiables
- Os novos altofalantes buscan encaixar coa decoración do fogar como pezas de arte
- Colocando o marco sobre unha superficie pode resultar máis doado ocultar o seu cable de alimentación