InWatch, un novo reloxo de pulso baseado en Android
venres, 9 de agosto do 2013
Os smartwatches ou reloxos de pulso intelixentes queren
pórse de moda, e tras a boa acollida do proxecto de
micromecenado do Pebble, moitos son os fabricantes que queren entrar
neste segmento de mercado, sendo o último que coñecemos o chinés inWatch One (non
confundir co italiano I’m Watch), que
diferénciase bastante doutros produtos semellantes ao funcionar cunha versión personalizada
de Android 4.0 (chamada inDroid) e contar con espazo para unha tarxeta SIM, de
xeito que pode acceder tanto a datos como a voz como se dun móbil completo
(aÃnda que limitándose á rede GSM).
Este dispositivo funciona cun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, ten unha
pantalla de 1,54 polgadas cunha resolución de 240 x 240 pÃxeles, cámara de 2
MpÃxeles, Wi-Fi, Bluetooth, GPS e baterÃa de 500 mAh (o que permitirÃa unha
autonomÃa de 36-48 horas de uso e 120 horas en espera), contando con algunhas
das aplicacións móbiles máis populares en China, onde pode mercarse por 1.788
iuans (218,20 euros). Temos asà un dispositivo á venda en varias cores (negro,
branco, vermello, azul, ouro e prata) e pode empregarse como teléfono (para
quen queira sentirse como Michael Knight falando con KITT en El Coche Fantástico), para reproducir
música, para programar alarmas e para sacar fotografÃas.