Imaginarium porá á venda un tablet para cativos en setembro

martes, 3 de xullo do 2012 Marcus Fernández

JPEG - 56.9 KB
O Paquito de Imaginarium terá sucesor en setembro

O vindeiro día 10 as tendas Imaginarium van comezar a aceptar pedidos dun novo tablet pensado para os máis cativos, o SuperPaquito, que chegaría en setembro para suceder a Paquito, que cos seus 290 gramos permitía o acceso a libros, música, fotografías e vídeos, contando con 4 Gb de memoria interna ampliable, batería recargable cunha autonomía para reproducir vídeo ata 3 horas, ler durante 7 horas ou reproducir música 17 horas seguidas, que ten un prezo de 99,95 euros.
Polo momento non se coñece ningún detalle do SuperPaquito, pero é de agardar que, aparte de estarmos ante un tablet con pantalla multi-táctil, destaque pola súa resistencia e por contar con numerosos contidos adaptados para toda a familia.
Podemos lembrar que na mesma liña o fabricante LeapFrog tamén está a acadar moito éxito internacional, renovando constantemente os seus trebellos para adaptarse á demanda do mercado, cada vez máis esixente nos produtos tecnolóxicos.


Vídeo de presentación do primeiro Paquito de Imaginarium

PUBLICIDADE