Immersit quere menear o noso sofá para engadir realismo a xogos e filmes
mércores, 10 de febreiro do 2016
Nas salas cinematográficas fíxose unha prestación bastante
habitual a existencia dunha serie de asentos premium por figurar nas mellores fileiras e incluír un sistema de
vibración que facía máis realista a experiencia audiovisual, e para quen queira
levar esta experiencia ao seu salón doméstico para gozar de videoxogos e
películas busca
facerse realidade en Kickstarter o sistema de vibración Immersit. Falamos
dun dispositivo que instálase debaixo do noso sofá, xerando a cantidade de patróns
de movemento e vibracións que recreen dende explosións até movementos máis
sutís, podendo axustarse a intensidade da vibración e podendo aplicarse a xogos
e filmes, existindo un modelo básico que achega só vibración (que custaría 215
euros máis gastos de envío), mentres que para facerse cunha unidade que tamén
achegue movemento sería preciso facer unha achega bastante elevada (a partires
de 779 euros máis portes).
Espérase que esta tecnoloxía poida chegar aos seus mecenas no outono, e os seus
responsables aseguran que é compatible con xogos de consolas Xbox e PlayStation
e ordenadores persoais, estando adaptado a máis de 120 videoxogos, mentres que
para as películas conta cun software que traduce os movementos nos filmes para
traducilos en movementos e vibracións que contribúen a somerxerse máis na
ficción audiovisual, podendo estar as obras en practicamente calquera formato
(DVD, Blu-ray, streaming...), aínda
que precisa recoñecer o filme para sincronizar os movementos ao que se ve en
pantalla.
Inmersit tamén promete ser quen de replicar os movementos das novas gravacións
con cámaras tipo GoPro ou vídeos de 360 graos, de xeito que pódense revivir
grandes momentos dun xeito moi realista.