Insta360 estrea un micrófono sen fÃos ultracompacto
mércores, 25 de xuño do 2025
Nos últimos meses resulta case imposible gozar dunha sesións de vÃdeos de YouTube sen ver a algún creador de contidos empregando un dos compactos micrófonos Lark M2 de Hollyland, célebres polo seu tamaño compacto. Coñecedores deste fenómeno, dende Insta360 anuncian hoxe o novo micrófono Mic Air, con forma circular cun diámetro de menos de 27 milÃmetros e un peso de 7,9 gramos, que poden levarse comodamente mediante un clip, cun botón magnético ou como colgante.
Este micrófono omnidireccional rexistra o son a 48 kHz, integra tecnoloxÃa anti-vento e cancelación avanzada de ruÃdo e pode empregarse en combinación cun receptor ou funcionan directamente con cámaras como a Insta 360 X5 e a Insta360 Ace Pro 2.
O Insta360 Mic Air ten unha baterÃa que ofrece ata 10 horas de autonomÃa e o seu alcance sen fÃos é dun cento de metros (aÃnda que en certas condicións a autonomÃa poderÃa caer ata as 7,5 horas e a distancia de transmisións a uns 30 metros).
Este micrófono solto ten un prezo de só 59,99 euros, mentres que cun receptor USB-C (que pode conectarse directamente a un smartphone) custarÃa 85,99 euros.
VÃdeo promocional do Insta360 Mic Air
