Instagram permite enviar GIF na súa mensaxería privada

venres, 21 de setembro do 2018 Marcus Fernández

Aínda que o formato de GIF hai uns anos estaba considerado como unha rémora das páxinas web dos anos 90, recuperou o seu pulo como un xeito de expresión, aproveitando as súas posibilidades como adhesivo animado ou como fragmento de vídeo sen audio a xeito de resposta rápida e simpática, de xeito que as distintas plataformas sociais foron incorporando este tipo de imaxes de xeito nativo.
Avanzando nesta dirección, Instagram, que fai un uso moi activo das GIF animadas como adhesivo nas súas historias, integra agora as GIF dentro do seu sistema de mensaxería, de xeito que nas mensaxes directas podemos publicar imaxes GIF achegadas a través do servizo GIPHY, facilitando así respostas rápidas e ocorrentes que poden realizarse con simplemente introducir unha palabra chave que facilite o acceso a un amplo catálogo de animacións que poderán desprender unha risa aos nosos contactos.
As GIF animadas nas mensaxes directas de Instagram están xa dispoñibles nas últimas versións das aplicacións do servizo para iOS e Android.

PUBLICIDADE