Instax presenta unha cámara super compacta
xoves, 21 de setembro do 2023
A división de
cámaras instantáneas de Fujifilm porá á venda o vindeiro 5 de outubro a un
prezo de 99,99 euros a nova cámara Instax
Pal, unha cámara dixital moi cativa, deseñada para capturar pequenos
momentos coa intención de despois trasladalos a papel cunha impresora para
smartphone da serie Instax Link, estando previsto que se comercialicen lotes de
cámara e impresora por preto dos 200 euros.
A Instax Pal ten unhas medidas de 42,3 x 44,4 x 43 milímetros e un peso de 41
gramos, estará dispoñible en 5 cores, almacena as fotografías nunha tarxeta
microSD, ten na súa parte inferior soporte para trípode e, como accesorio inclúe
un anel multiusos desmontable nun dedo, que permite así transportar a cámara
comodamente e que tamén serve para pousar a cámara sobre unha superficie para a
realización de fotografías co disparador automático ou mesmo para facer de
visor para encadrar as instantáneas.
A cámara ten un sensor CMOS de 1/5 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.920
píxeles e unha distancia focal de 16,25 milímetros (ou sexa, que é un ultra
grande angular, ideal para as fotografías de grupo), integra flash cun alcance
efectivo de entre 60 centímetros e 1,5 metros e, como peza fundamental deste produto,
conta cunha aplicación móbil na que recortar as instantáneas e aplicarlles
efectos antes da súa impresión.
- A cámara Instax Pal estará dispoñible en 5 cores distintas
Vídeo promocional da cámara Instax Pal