JBL comercializa un altofalante Bluetooth que tamén fai de lámpada-espertador

xoves, 13 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Philips leva anos popularizando o uso da tecnoloxía Wake-up Light para conseguir un espertar natural mediante iluminación progresiva, pero non é a única compañía que apunta nesta dirección, e agora a reputada marca de sistemas de son JBL prepara os seus altofalantes domésticos JBL Horizon, que realmente son un reloxo espertador que incorpora radio FM, unha lámpada LED que se ilumina gradualmente para espertarnos pola mañá, conectividade Bluetooth para que poidamos escoitar a música dos nosos dispositivos móbiles e incluso conta cun par de portos USB para que podamos recargar os nosos trebellos pola noite. Tamén inclúe unha batería interna para evitar que o reloxo do espertador perda a hora por culpa dun corte de corrente durante a noite.
Este dispositivo véndese nos EE.UU. por 99,95 dólares e nalgúns mercados europeos por 99 euros (dando a impresión de que até que se normalice o stock non chegará ás tendas españolas), con modelos en branco ou negro, e grazas ao valor engadido podería ser un dos poucos espertadores que poidan ter certo sentido nun mundo no que boa parte da poboación ten substituído este tipo de trebellos polo seu móbil.

PUBLICIDADE