JVC comercializará o televisor LCD de 32 polgadas máis delgado do mundo

luns, 8 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Nos pasados días LG presentou os televisores LCD Full HD de 42 e 47 polgadas máis delgados do mundo, e agora é JVC a compañía que presenta un televisor LCD de 32 polgadas moi delgado e lixeiro que só terá un grosor de 6,4 milímetros na súa parte máis delgada e pesará uns 5,7 quilos. Ten un brillo de 400 cd/m2 e unha relación de contraste de 4.000:1.
Pero aínda que estas nova s pantallas non sexan máis delgadas que as de LG, JVC sería o primeiro fabricante en colocar no mercado un produto semellante, xa que os televisores JVC GD-32X1 poranse á venda no mes de agosto no Xapón (mentres que LG aínda non deu ningunha data ao respecto).

PUBLICIDADE