JayBird Sportsband: auriculares sen fíos para facer deporte
martes, 29 de xuño do 2010
Para evitar as incomodidades dos
cables ao escoitar música cando practicamos deporte temos os auriculares JayBird Sportsband, que
funcionan por Bluetooth, polo que poden funcionar en combinación co iPhone e
moitos outros teléfonos e reprodutores multimedia, aínda que o mesmo fabricante
tamén comercializa accesorios para transmitir por Bluetooth o son de fontes de
audio con conector de Apple ou conector de auriculares estándar.
O JayBird Sportsband funciona con Bluetooth 2.0 e A2DP, incorporando tamén un
micrófono para poder operar coma mans libres do móbil (pode emparellarse con
dous dispositivos á vez, de xeito que podemos escoitar música tranquilamente
sen temer perder unha chamada ao móbil) e a súa autonomía para reprodución
musical é de 8 horas, aguantando a súa batería 11 horas en conversa e 250 horas
en espera. Cárgase por USB, precisando de 2 horas e media para unha carga
completa.
Estes auriculares miden 16 x 15 centímetros, cun grosor de 3 centímetros na súa
diadema e de 4,3 centímetros nos propios auriculares. O seu peso é de 106
gramos. Integran botóns de control musical (reprodución, pausa, anterior e
seguinte), de chamadas (responder, colgar e rexeitar chamada) e de propósito
xeral (control de volume, emparellado de dispositivos e acendido/apagado).
Están á venda por 99 dólares
nunha ampla gama de cores (verde, 2 tons de azul, laranxa, 2 tons de vermello,
negro, rosa e branco).
|