Kingston comercializará memorias USB con 2 TB de capacidade
mércores, 4 de xaneiro do 2017
No mes de febreiro Kingston vai elevar un chanzo a
capacidade das unidades de memoria USB coa súa DataTraveler Ultimate GT, que
con conectividade USB 3.0 conseguirá non só achegar 1 TB nunhas dimensións
reducidas, senón que tamén contará
con versión con 2 TB de capacidade, de xeito que poderemos transportar a
información dun disco duro enteiro nun trebello co tamaño dun paquete de
chicles.
Para manter seguro tal volume de información a nova unidade de Kingston está
encapsulada nunha aliaxe de zinc moi resistente e, pese á emerxencia dos
conectores USB-C, opta por un conector USB tradicional. Aínda que de momento
non se coñece o prezo desta unidade, non sería de sorprender que, aparte de ser
a memoria USB de maior capacidade do mundo, tamén fose a máis cara (lembremos
que, por exemplo, unha
unidade Kingston HyperX Predator de 1 TB custa 1.749 euros).