Kodak lanza un marco dixital con batería incorporada
xoves, 25 de xuño do 2009
A
compañía de produtos e servizos de fotografía, Kodak, que recentemente
anunciou a desaparición do mercado da súa película de diapositivas Kodachrome,
a considerada polos profesionais como “o
produto icona da casa” (por falta de vendas), vén de dar un paso máis na súa
inminente conversión total á fotografía dixital, lanzando en Europa un
innovador marco dixital que non precisa cables para estar permanentemente
conectado.
Este
novo dispositivo, o Kodak Easyshare S730, conta cunha batería recargable
incorporada con unha hora de autonomía, que lle permite aos usuarios levar o marco
dixital de un lado para outro sen ter que preocuparse pola súa desconexión
durante un tempo.
Asemade,
o marco incorpora a nova tecnoloxía Picture
Finder, que permite acceder ás fotografías con facilidade e rapidez, podendo
navegar por elas como se dun álbum fotográfico convencional se tratase.
O
marco S730 tamén conta, entre outras cousas, con capacidade para almacenar ata
8000 fotografías, con un XB de memoria interna, con pantalla LCD sen mercurio,
con modo de collage dinámico para ver
as fotografías cunha visual rápida, con software
Kodak EasyShare Digital Display para sincronizar o dispositivo coas imaxes
gardadas no ordenador do usuario e con reprodutor de vídeos e música
incorporado.
Este
marco dixital atópase dispoñible en Europa dende hoxe mesmo, a un prezo de 149
euros.