LG KF510 agrada polo seu deseño e reducido grosor
mércores, 13 de febreiro do 2008
LG achegou ó Mobile World Congress de Barcelona os
seus novos e estilizados terminais telefónicos entre os que destacamos o LG
KF510 polo seu atractivo deseño, pois este móbil con teclado deslizante ten
un grosor moi
reducido (10,9
milÃmetros) e unha estética claramente dirixida a un público
novo, que moitos consideran que será o sucesor do popular LG Chocolate.
Este móbil conta con controis táctiles retroiluminados baixo á súa pantalla,
conta con carcasa metálica, reprodutor multimedia, cámara de 3 MpÃxeles con
estabilizador de imaxes e flash con redución de ollos vermellos. Venderase
a partires do vindeiro mes en cores vermella e gris.