LG crea a meirande pantalla OLED do mundo xuntando 820 paneis de alta definición

luns, 14 de agosto do 2017 Marcus Fernández

Para demostrar as posibilidades das pantallas OLED de marco aberto LG chegou a un acordo con Emaar Entertainment, operador do Acuario de Dubai para facer realidade un proxecto que concretouse no video wall OLED máis grande do mundo, para o que xuntaron 820 pantallas de alta definición.
Esta impresionante instalación que podería considerarse como a pantalla OLED máis grande do mundo, permite revolucionar os espazos comerciais á vez que demostra a innovación en pantallas, pois cómpre salientar que non estamos a falar dun video wall tradicional, con pantallas planas, senón que está formado con pantallas curvas tanto cóncavas como convexas, e tanto en vertical como en horizontal, construíndo unha forma que hai poucos anos era imposible e ofrecendo unha imaxe de moi alta calidade grazas aos avances da tecnoloxía OLED, que ofrece non só unha grande eficiencia enerxética, senón tamén un negros profundos, unhas cores vibrantes e un grande ángulo de visión, superando claramente aos panel retroiluminados convencionais.

PUBLICIDADE