LG amosa na IFA os seus televisores curvos OLED 4K de 77 polgadas

venres, 6 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Para chamar a atención durante a feira IFA de Berlín, LG Electronics optou por levar ao evento os seus novos televisores OLED de ultra alta definición que buscan unha experiencia máis inmersiva grazas á curvatura da súa pantalla e seguen os pasos aos televisores OLED curvos de 55 polgadas, chegando desta volta ata as 77 polgadas, polo que serían os televisores OLED máis grandes do mercado.
Estes televisores achegan unha experiencia audiovisual comparables ás do cine IMAX, enchendo a área de visión do usuario máis que unha pantalla plana, que xunto cunha alta relación de contraste e unha definición de 4K (equivalente a 4 pantallas Full HD) consegue unhas imaxes cunha calidade excepcional.

PUBLICIDADE