LG amosará os seus novos televisores 4K en Las Vegas
martes, 30 de decembro do 2014
A aposta pola ultra alta definición parece elemento común
para todos os fabricantes de televisores durante 2015, e LG vai comezar o aninovo
presentando toda unha colección completa de televisores de ultra alta
definición no CES de Las Vegas, onde poderá verse a nova familia de
televisores ColorPrime, que prometen un maior realismo e unha maior
profundidade grazas as tecnoloxÃas Quantum Dot e Wide Color LED.
Estes novos televisores conseguen mellorar a precisión da cor nun 30% ao empregar
a mencionada tecnoloxÃa Quantum Dot, que é a primeira vez que se ve nun
televisor 4K. Os novos paneis de LG son tipo IPS cunha resolución de 3.840 x
2.160, de xeito que terÃan o número de puntos equivalentes a catro televisores
de alta definición.
Para poder conseguir unha boa reprodución de contidos de resolucións inferiores
a 4K os novos televidores integran un escalador para adaptar contidos de
definición estándar, 720p e 1.080p a ultra alta definición, adaptación que
incluso está dispoñible dende fontes externas.
No que a funcións avanzadas se refire, os televisores conectados estrean webOS
2.0, unha revisión do último sistema operativo de Smart TV de LG, que reduce un
60% o tempo de inicio e supón unha importante mellora en optimización de tempos
e en personalización da súa experiencia de uso.