LG anuncia unha nova impresora fotográfica de peto

martes, 24 de decembro do 2013 Marcus Fernández

LG continúa a debullar os produtos que levará ao Consumer Electronics Show (CES) de Las Vegas a primeiros de xaneiro, entre os que sorprende ver que a súa impresora fotográfica de peto estreará sucesora, dando a entender que aínda existe demanda deste tipo de produto. A LG Pocket Photo 2 é un dispositivo de 120 x 76 x 20 milímetros que pode conectarse a iOS, Android e Windows 8 a través de Bluetooth (de xeito doado se contamos con NFC) e imprime pequenas fotografías cunha resolución de 313 x 600 puntos por polgada.
Emprega un papel fotográfico especial que pode lembrarnos ás vellas Polariod (pois non precisa tinta para trasladar as fotografías ao papel) e o trebello pode empregarse comodamente en mobilidade ao contar cunha batería con autonomía para unhas 30 impresións.

A LG Pocket Photo 2 funciona con papel fotográfico sen tinta

PUBLICIDADE