LG apostará polas pantallas de ultra alta definición en 2013
xoves, 27 de decembro do 2012
- Os novos televisores de LG chegarán a tamaños de ata 84 polgadas
LG continúa a detallar os que vai presentar na vindeira
edición do CES de Las Vegas, e na xornada de hoxe decidiu centrarse nos seus
televisores, adiantando que vai
amosar a súa primeira liña de televisores de ultra alta definición (UHD),
asà como o monitor de maior resolución do
mundo (4K2K). Para poder ofrecer imaxes de UHD LG optará por amosar
televisores con pantallas de 55, 65 e 84 polgadas que cuadriplican ás actuais
pantallas Full HD cunha imaxe de 3.840 x 2.160 pÃxeles que tamén serán
compatibles con 3D.
Para uso profesional tamén resultará de interese o novo monitor 4K2K de LG, que
presume de ser o de maior resolución do mercado cunha pantalla de 30 polgadas
cunha resolución de 4.096 x 2.160 pÃxeles.
O fabricante surcoreano tamén presentará pantallas para a súa integración en
smartphones, tablets e portátiles, como serÃa unha pantalla Full HD de só 5,5
polgadas, outro cunha resolución de 1.920 x 1.200 de 7 polgadas e outro de 12,9
polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.700 pÃxeles, no que parece unha firme
aposta por paneis que estarÃan na liña das pantallas que Apple dá en chamar Retina, pero que pouco a pouco poderá
incorporar calquera compañÃa, superando incluso a tecnoloxÃa presente nos
dispositivos e equipos da compañÃa de Cupertino.