LG facilita a conexións dos seus novos monitores con smartphones

venres, 20 de xullo do 2012 Marcus Fernández

LG pon á venda nos mercados asiáticos (para traelos dentro dunhas semanas ao resto do mundo) un par de monitores da familia IPS7 en tamaños de 27 e 23 polgadas e resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, que non só presumen da calidade de imaxe que achega o seu panel LED IPS (ideais para poder gozar de cores máis vivas, imaxes en movemento menos borrosas e mellor ángulo de visión), senón que tamén contan con Mobile High-Definition Link (MHL), o que fai doada a súa conexión con dispositivos externos como smartphones para poder ver os seus contidos multimedia en pantalla grande.
Os monitores LG IPS277L e IPS237L teñen un marco de só 1,2 milímetros, un grosor de só 14,1 milímetros e unha función de calibración para axudar a igualar o máximo posible as cores en pantalla coas equivalentes no mundo real, o que resulta moi práctico para fotógrafos e deseñadores gráficos.

PUBLICIDADE