LG presenta 4 novos smartphones da familia X

xoves, 16 de xuño do 2016

LG está a ampliar o seu catálogo de smartphones con catro novos teléfonos da familia X, que contarán con funcionalidades propios dos terminais insignia (das familias G e V) pero adaptándose a distintas necesidades por parte de usuario salientando en cada modelo unha prestación en concreto.
Temos así que o LG X power será un terminal cun grosor de só 7,9 milímetros e unha batería de 4.100 mAh con carga rápida (PE+) de xeito que teremos un smartphone con magnífica autonomía que cargaría a súa batería na metade de tempo que unha batería ordinaria.
O LG X mach destaría pola súa velocidade, xa que estaría equipado con conectividade LTE de categoría 9 3CA e un procesador a 1,8 GHz, que destaca tamén a súa pantalla QHD IPS a unha cámara de grande sensibilidade.
Completarán a familia o LG X style (terminal extra-delgado e cun deseño moi elegante) e o LG X max (que presentaría unha pantalla de maior tamaño).
Polo momento non detallan as datas de lanzamento internacional que terán estes smartphones nin os seus prezos de venda en cada mercado.

Vídeo de presentación do LG X power

PUBLICIDADE