LG presenta o primeiro televisor OLED 8K do mundo
martes, 3 de setembro do 2019
LG
inicia este mes a comercialización do primeiro
televisor OLED 8K do mundo (modelo 8829) e do seu televisor NanoCell 8K
(modelo 75SM99), co que o fabricante surcoreano consegue colocarse entre os
primeiros postos desta tecnoloxÃa de televisores que buscan un lugar no mercado
pese á ausencia de contidos 8K.
Os novos televisores 8K de LG prometen un grande nivel de detalle e unhas cores
moi realistas, congregando nun único panel 16 veces o número de pÃxeles dun
televisor Full HD.
No caso do televisor OLED 8K temos un panel de 88 polgadas
case sen marcos, acompañado por un soporte de aluminio cepillado e un sistema
de altofalantes de 80 watts, mentres que o televisor NanoCell 8K limita o
tamaño do panel a 75 polgadas, pero mantendo a resolución de 7.680 x 4.320
pÃxeles.
Ambos televisores gozan de Cinema HDR, combinando Dolby Vision e HDR avanzado
até 4K e HLG e HDR 10 até 8 K, o que garante unhas sesións de visionado cinematográfico
espectaculares. Soportan a especificación HDMI 2.1, de xeito que poderán
recibir vÃdeo 8K até a 60 imaxes por segundo. Tamén son compatibles con AirPlay
2 e HomeKit en 140 paÃses, integran o Asistente de Google e Alexa en varios
territorios, facilitando o control do televisor e dos dispositivos de electrónica
do fogar mediante a voz.
- O televisor LG NanoCell 8K ten un panel de 75 polgadas