LG presenta o seu primeiro smartphone con Android One
martes, 28 de agosto do 2018
O éxito de terminais como o Mi A1 non resulta alleo a LG, e
finalmente o fabricante surcoreano optou por lanzar un smartphone con Android One,
o LG
G7 One, baseado no LG G7 ThinQ, pero buscando un maior equilibrio entre
prestacións e prezo.
O LG G7 One é o primeiro smartphone con Android One de LG, que chega equipado
cun procesador Qualcomm Snapdragon 835, 4 GB de RAM, 32 GB de almacenamento
interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 2 TB), pantalla de 6,1
polgadas cunha resolución de 3.120 x 1.440 pÃxeles (con pestana superior), un
Quad DAC de alta definición (para unha grande reprodución sonora), un
altofalante Boombox, cámara traseira de 16 MpÃxeles con apertura f/1.6, cámara
frontal de 8 MpÃxeles con apertura f/1.9, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, radio FM,
lector de pegadas dixitais, baterÃa de 3.000 mAh con carga rápida por USB-C, un
grosor de 7,9 milÃmetros e un peso de 156 gramos.
Funciona con Android 8.1 e, pese a que estamos ante un terminal de gama media,
vén tanto con resistencia ao po e á auga (IP68) como con NFC, elementos que o
diferencia amplamente da meirande parte dos smartphones chineses, e que poderÃa
ser un punto moi ao seu favor á hora de apostar por un móbil de LG.
Este terminal poderá verse na feira IFA de BerlÃn, e polo momento non
detallaron nin o prezo nin a data na que chegará ás tendas.