LG presenta televisores OLED de até 97 polgadas
martes, 4 de xaneiro do 2022
Co gallo do CES de Las Vegas estase a presentar a nova
familia de televisores OLED de LG, que incorporan unha nova versión de
webOS para ofrecer mellores aplicacións e un maior nivel de personalización,
permitindo incluso a creación de perfís de usuario, para que o televisor poida coñecer
o noso historial de reprodución e os nosos contidos favoritos para realizar
recomendacións e incluso disparar alertas en tempo real para avisarnos dalgún
evento en directo.
Outra función bastante sorprendente é que con Room To Room Share os contidos
que cheguen de cable ou satélite a un televisor poderán compartirse a través de
Wi-Fi con outro televisor non que non será preciso contar dun descodificador.
De cara aos videoxogos, incorporan soporte para nVIDIA G-sync, así como a
posibilidade de correr xogos na nube dos servizos nVIDIA GeForce Now e Google
Stadia.
Entre os televisores presentados por LG temos tanto a serie C2, que destaca por
ofrece un televisor OLED de só 42 polgadas buscando ser axeitado para o seu uso
para videoxogos (ao que acompañan televisores de 48, 55, 65,77 e 83 polgadas),
e na serie G2 aos modelos de 55, 65 e 77 polgadas únense un modelo de 83
polgadas e o primeiro televisor OLED de 97 polgadas do mundo, co que LG
demostra a súa fortaleza nesta gama de produtos.