LG presenta un novo móbil HSDPA con televisión e GPS
venres, 10 de agosto do 2007
As últimas tendencias en telefonía móbil parecen
dar a entender que a tecnoloxía HSDPA se vai converter nun estándar de facto para a transmisión de datos móbil
en moi pouco tempo, polo que os fabricantes xa están a incorporar novos
terminais á súa oferta, estreándose en Corea do Sur o LG
SH150 que permite recibir datos ata a 7,2 Mbps (unha velocidade bastante
superior á da meirande parte de conexións de banda larga en España) e que tamén
permite
recibir televisión dixital terrestre (mediante DMB) na súa grande pantalla,
que tamén serve para amosar imaxes do seu reprodutor multimedia ou para ver as
imaxes do GPS incorporado.
Agardemos que preparen pronto unha versión axeitada para o mercado europeo (que
debería substituír a tecnoloxía DMB por DVB-H).