LG presenta un tablet con conectividade LTE
mércores, 18 de xaneiro do 2012
LG Electronics desvelou oficialmente o seu primeiro tablet con
conectividade 4G, o Optimus
Pad LTE, que inicialmente chegará ao mercado surcoreano e que tamén destaca
por contar cunha pantalla IPS de alta definición (1.280 x 720 píxeles) cunha
diagonal de 8,9 polgadas. Este dispositivo tamén conta cunha cámara de 8
Mpíxeles capaz de gravar vídeo en alta definición (xunto con outra cámara de 2
Mpíxeles para videoconferencia) e permite ampliar a súa capacidade de
almacenamento interna mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb.
Máis concretamente podemos dicir que o LG Optimus Pad LTE funciona con Android
3.2, un procesador Qualcomm de dobre núcleo a 1,5 GHz, batería de 6.800 mAh,
saída HDMI, unhas medidas de 245 x 151,4 x 9,34 milímetros e un peso de 497
gramos. Chegará
ás tendas coreanas a vindeira semana a un prezo de 880.000 wons (601,25
euros).