LG presenta un televisor 3D Smart TV de 84 polgadas
xoves, 29 de decembro do 2011
LG
Electronics vai levar nos vindeiros dÃas ao Consumer Electronics Show (CES) de
Las Vegas o televisor de ultra alta definición máis grande do mundo, pois a
nova pantalla que combina as tecnoloxÃas 3D e Smart TV ten o impresionante
tamaño de 84 polgadas e unha resolucÃón de 3.840 x 2.160 (equivalente a
unha fotografÃa de 8 MpÃxeles).
A pantalla tamén destaca pola súa delgadeza e por contar cun marco moi
estreito. Este televisor 3D de ultra alta definición promete achegar a
experiencia de visionado 3D máis convincente fóra das salas cinematográficas,
contando incluso con controis para personalizar o efecto 3D, o que tamén leva
ao ámbito do son.
O televisor 3D funciona con lentes pasivas e ante a carencia de contidos 3D incorpora unha tecnoloxÃa de conversión de 2D a 3D que permite tirar un maior proveito do mesmo.