LG presenta un terminal 3G pensando no público con baixo poder adquisitivo
mércores, 25 de novembro do 2015
Non hai dúbida sen que o LG G4 é un dos mellores smartphones
deste ano, tanto pola calidade da súa cámara (considerada
entre as cinco mellores do mercado) como pola súa magnÃfica relación
calidade-prezo, pero continúa a ser un terminal de alta gama, de aà que para
achegarse a territorios onde os consumidores aÃnda se conforman con terminais
sen 4G presenten o novo LG
Ray, un smartphone con pantalla de 5,5 polgadas (cunha resolución de só
1.280 x 720 pÃxeles) que bebe do deseño dos seus irmáns maiores, pero que
facendo certas cesións en prestacións consegue situarse nun rango de prezo que
o fan ideal para a súa comercialización na Comunidade de Estados Independentes
e, posteriormente, en América Latina.
Este smartphone económico chegará con procesador de 8 núcleos a 1,4 GHz, 1 GB
de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), 3G (até 21
Mbps), cámaras de 13 e 8 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, baterÃa extraÃble de
3.000 mAh de capacidade, un grosor de 9,3 milÃmetros, un peso de 158 gramos e
acabados en cor prata, ouro ou negro titán. En función dos mercados tamén se
distribuirá en modelos con unha ou dúas tarxetas SIM.