LG presenta unha serie de altofalantes sen fíos con deseños de JonOne

mércores, 15 de xuño do 2016 Marcus Fernández

LG quere dar un toque característico aos seus altofalantes portátiles sen fíos, e así presenta en París a nova colección de altofalantes personalizados con ilustracións do artista JonOne, achegando así unha aparencia moi rechamante, de xeito que lucirían tan ben como se escoitan.
JonOne é un artista que se criou en Harlem (New York), onde recibiu unha grande influencia do graffiti e a arte na rúa, o que trasladou ao altofalantes sen fíos de LG, que convértense nunha especie de lenzo para o artista que fixo 3 deseño diferentes para o fabricante surcoreano que presumo da boa calidade sonora deste accesorio que pode conectarse mediante Bluetooth con até dous dispositivos á vez, sendo tamén posible configurar dous altofalantes deste tipo como altofalante esquerdo e dereito no modo de funcionamento chamado Dual Play, que pode resultar moi atractivo para encher de música un espazo.
Os novos altofalantes sen fíos de LG by JonOne sairán á venda este mesmo mes en Francia e outros países europeos.

JonOne presentou os altofalantes sen fíos de LG en La Place Hip Hop Cultural Center de Les Halles (París)

PUBLICIDADE