LG presenta uns auriculares sen fíos con soporte de VoIP por LTE

luns, 24 de setembro do 2012 Marcus Fernández

JPEG - 113.7 KB
Os auriculares de LG venderanse en 2 cores

LG anunciou hoxe uns novos auriculares sen fíos, os LG TONE+ (HBS-730), que son uns novos auriculares Bluetooth que non só prometen unha excelente recepción de son estéreo, senón que tamén soportan VoLTE (voz sobre LTE), permitindo que os seus usuarios poidan gozar de chamadas con son en alta definición entre dispositivos compatibles con esta tecnoloxía na que LG é pioneira, sendo a primeira empresa en amosala ao público e en anunciar un smartphone que a soporte.
O LG TONE+ fai uso de aptX, codec de audio de nivel profesional que permite recibir son con calidade de CD, á vez que se axusta as transmisións ao largo de banda dispoñible a cada momento. Tamén conta cunha función de emparellado intelixente para poder empregalo con 2 dispositivos á vez (2 smartphones ou un smartphone e un equipo de son).
A autonomía dos nosos auriculares Bluetooth é de 15 horas en conversa e 500 horas en espera. O LG TONE+ chegará ao mercado a finais de mes en azul-negro e branco-perla.

PUBLICIDADE