LG produce baterías hexagonais para mellorar a autonomía dos smartwatches

martes, 30 de xuño do 2015 Marcus Fernández

As plantas chinesas de LG Chem comezaron a producir baterías de forma hexagonal pensadas principalmente para smartwatches, o que permitiría que este tipo de dispositivos puidesen albergar no seu interior unha capacidade un 25% superior que baterías rectangulares.
Estas novas baterías buscan atender a crecente demanda actual de compoñentes para smartwatches, e segundo o seu fabricante serían as primeiras do mercado en apostar por este novo factor de forma como estratexia para incrementar a autonomía dos reloxos conectados.
Nos últimos meses estamos a ver como, aparte das melloras na tecnoloxía interna das baterías, a súa forma tamén está a ser un elemento substancial á hora de aproveitar ao máximo o espazo dispoñible nos dispositivos, o que leva a desenvolvementos como o último MacBook, aparte incluso conta cun deseño de baterías por capas para poder ocupar espazo incluso nas partes máis delgadas do equipo.

PUBLICIDADE