LG quere achegar os servizos en liña a calquera televisor cun accesorio

xoves, 30 de decembro do 2010 Marcus Fernández

LG vai presentar no Consumer Electronics Show (CES) de Las Vegas nos vindeiros días o seu Smart TV Upgrader (modelo ST600), un dispositivo que pretende converter os televisores ordinarios en televisores intelixentes por un prezo axustado (aínda sen concretar), de xeito que os consumidores que mercasen un televisor nos últimos anos e que queiran incorporarlle funcións propias dos televisores modernos con conectividade á Rede, poderán optar por este trebello.
O LG Smart TV facilita o acceso a toda unha serie de aplicacións de LG, a contidos compartidos en rede e a servizos premium en liña, sen ter que renovar o televisor para acceder a estas funcións. Funciona cun procesador BCM7615, 384 Mb de RAM e 1 Gb de memoria flash, ten conectividade USB (para unidades de almacenamento externo ou un rato informático), Wi-Fi, Ethernet e DLNA, á vez que integra un navegador web e abre a porta ás LG Apps, converténdose nunha interesante solución.

JPEG - 23.1 KB
O LG Smart TV destaca polo seu reducido tamaño

PUBLICIDADE