LG quere sorprender cun móbil con pantalla xiratoria
luns, 14 de setembro do 2020
O rumoreado e filtrado LG
Wing por fin é un produto oficial, despois de que o fabricante surcoreano
presentase oficialmente o que sen dúbida é o smartphone máis raro de 2020 ao adoptar
un factor forma apartado de todo o anterior, como un acercamento totalmente
distinto ao da competencia aos conceptos de dobre pantalla.
O LG Wing é un smartphone que pode operar como un dispositivo normal no seu modo
básico, contando tamén cun modo xiratorio no que a pantalla de 6,8 polgadas (cunha
resolución de 2.460 x 1.080 pÃxeles) pode rotar 90 graos, deixando ver unha
pantalla secundaria sobre a que estaba colocada, conseguindo asà deixar á vista
unha pantalla de 3,9 polgadas (cunha resolución de 1.240 x 1.080 pÃxeles), de
xeito que as aplicacións poden aproveitar esta segunda pantalla para expandir a
súa interface ou aproveitarse a pantalla secundaria para unha segunda
aplicación simultánea.
Esta disposición das pantallas en forma de T está pensada principalmente para
amosar contidos na pantalla principal mentres se interactúa na secundaria, o
que pode resultar especialmente práctico para a gravación ou reprodución de
vÃdeo, conseguindo un mellor control ou facilitando a interacción con
espectadores en retransmisións en directo dun xeito bastante curioso, que
dependerá en boa medida do apoio que os desenvolvedores de software dean a este
tipo de proposta.
A execución de dúas aplicacións en paralelo si é algo que o LG Wing realizará
sen problemas, podendo incluso contar con atallos para abrir dúas aplicacións
en concreto á vez. Un exemplo de uso serÃa abrir o navegador GPS na pantalla
principal mentres mantemos na secundaria a aplicación de teléfono ou algún
reprodutor musical, o que xa permiten facer moitos smartphones actuais con
pantallas de grande tamaño (de feito, teléfonos como o Galaxy Z Fold2 permiten
até 3 aplicacións simultáneas en pantalla).
Dende LG destacan que a forma de T que adopta o LG Wing cando xiramos a súa pantalla
principal fai que a pantalla secundaria operen como unha especie de mango, conseguindo
un agarre estable, á vez que tamén pode incorporar controis de gravación, no
que describen que serÃa como integrar no móbil un gimball, ao que tamén
contribúe o software do dispositivo.
Pero aÃnda que o LG Wing busque ser o grande móbil co que LG chame a atención,
é difÃcil consideralo como o seu móbil insignia polo feito de que a nivel de especificacións
no é moi rechamante, xa que limÃtase a integrar un procesador Qualcomm
Snapdragon 765G 5G, moi popular en móbiles de entre 300 e 400 euros, o que
desmerece en boa medida este sorprendente dispositivo que se obviamos a súa
pantalla xiratoria serÃa moi discreto. O LG Wing conta cunha cámara traseira
tripla cun sensor principal de 64 MpÃxeles, un ultra grande angular de 13
MpÃxeles e outro ultra grande angular con pÃxeles de grande tamaño de 12
MpÃxeels, unha cámara frontal retráctil de 32 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth
5.1, NFC, lector de impresións dixitais en pantalla, resistencia ao po e á auga
IP54, carga sen fÃos e baterÃa de 4.000 mAh.
Sairá á venda en Corea do Sur en outubro, para chegar despois a Europa.
- A proposta do LG Wing non ten precedentes, aÃnda que a súa utilidade é algo que terá que demostrar.
VÃdeo de presentación do LG Wing